Marín ofertará 21 disciplinas nas Escolas Deportivas Municipais 25-26

Marín
26 de agosto 2025
Actualizado: 11:22

A tradicional festa de presentación das escolas deportivas terá lugar o próximo 5 de setembro ás 16.30 horas na Alameda e no Parque Eguren

Presentación das escolas deportivas de Marín Concello de Marín

Co inicio do curso académico arrinca tamén a actividade das Escolas Deportivas Municipais de Marín.

O Concello confirmou a listaxe de deportes e disciplinas que ofertarán os clubs locais ao longo do curso 25-26.

Serán en total 21 as disciplinas deportivas dispoñibles.

Todo iso cun custo de 55 euros por neno, válido para todo o curso deportivo (do 1 de outubro ao 31 de maio).

O período de anotación irá do 8 ao 19 de setembro, tempo no que o formulario de inscrición estará dispoñible a través da páxina web do Concello de Marín e tamén contactando cos clubs organizadores de cada actividade.

Antes diso a Alameda e o Parque Eguren acollerán o día 5 de setembro ás 16.30 horas a tradicional festa de presentación das escolas.

Para o curso 25-26 as Escolas Deportivas Municipais de Marín ofertan as seguintes actividades:

  • Paddle Surf - Imua Paddle Surf Club Aguete - Porto de Aguete
  • Fútbol sala - Marín Futsal/CD La Peña - O Sequelo, A Cañota, Illa de Tambo, San Narciso
  • Atletismo - Club San Miguel - Estadio Municipal San Pedro
  • Taekwondo - Club Mat's - Rúa Inferniño 10
  • Tríatlon - Club Deportivo Pinarium - Escola Naval, Piscina Municipal
  • Voleibol - Club Deportivo SEI San Narciso - Colexio San Narciso
  • Baloncesto - Club Baloncesto PeixeFresco Marín - Pavillón da Raña
  • Ximnasia Rítmica - Club Rítmica Inmare - IES Mestre Landín
  • Remo - Club de Remo Ría de Marín - Porto de Marín
  • Kickboxing - Asociación de Boxeo de Pontevedra - CEIP Carballal
  • Ximnasia Acrobática - Club Ximnasia Vila de Marín - Colexio San Narciso
  • Natación - Soom Management - Piscina Municipal
  • Vela - Real Club Mar de Aguete - Porto de Aguete
  • Judo - Club Dom+ Judo Marín - Pavillón da Raña
  • Fútbol - EF Vila de Marín - Estadio Municipal San Pedro
  • Tenis - Club de Tenis Marín - Pavillón da Laxe
  • Boxeo Olímpico - Team Thunder - Pavillón da Raña
  • Ciclismo BTT - Clube XSM - Chan de Gagán
  • Piragüismo - Club Piragüismo Tambo - Porto de Marín
  • Pilates - Xestión de instalacións - Colexio San Narciso
  • Salvamento - Club SAPO Pontevedra - Piscina Municipal