Marta Domínguez, do Squash Pontevedra, subcampioa da Copa de España

Pontevedra
19 de outubro 2021

A deportista do club pontevedrés desprazouse estes días a León para participar na Copa de España Absoluta de Squash

Marta Domínguez (dereita) na Copa de España Absoluta
Marta Domínguez (dereita) na Copa de España Absoluta

O Squash Pontevedra sumou un importante resultado na Copa de España Absoluta celebrada a pasada fin de semana en León.

Foi grazas ao seu principal representante, a viguesa Marta Domínguez, que conseguiu facerse co subcampionato.

Marta avanzou con solidez nas dúas primeiras roldas do torneo nacional e plantouse nas semifinais, onde esperaba a catalá Sofía Mateos. A pesar de ser unha rival de entidade, o resultado foi dun claro 3-0.

Na final esperaba a murciana Cristina Gómez, principal cabeza de serie e número 68 do ranking internacional. Foi un partido moi disputado que terminou caendo ao lado de Gómez cun tenteo de 3 sets a 1.

Tras esta cita Marta Domínguez mira agora cara ao Campionato de España Absoluto, no que defende título.