A estrea de Mateo Lago coa Selección Española Júnior no Campionato de Europa de Piragüismo Maratón finalizou da mellor forma posible.
Tras asinar un grandísimo arranque de competición cun terceiro posto na modalidade de maratón curto no C1 júnior, o canoísta pontevedrés puxo o broche á súa actuación este venres tras conquistar o ouro na modalidade longa da mesma categoría.
Un tempo de 01:16:33 foi suficiente para que o lerezano vencese ao portugués Gabriel Fernández (01:17:12) e ao romanés Eduard Stoian (01:17:23) e se alzase campión de Europa de Maratón Júnior na localidade romanesa de Ploiesti.
Este resultado pecha a participación do padeeiro da Escola Piragüismo Cidade de Pontevedra no Europeo con dúas medallas na súa marcadora, todo un logro para o pontevedrés.
Pero a Boa Vila continúa cun ollo posto na competición, pois Jaime Duro, que xa se alzou cun ouro este xoves, volverá a escena o domingo na final de C2 xunto ao seu compañeiro Manuel Garrido.
⭐️🥇Mateo Lago é CAMPIÓN DE EUROPA DE MARATÓN!!
— PiragüismoEspaña (
😮Un campionato de ilusión que culmina confirmándose como o mellor padeeiro de Europa en C1 Junior.#SomosPalistas #CanoESP pic.twitter.com/naK2OBMGqY
Tamén terá que dicir a súa última palabra o canoísta do Grove Tono Campos, que competirá este sábado na final de C1.
Sairá ademais ás augas de Ploiesti o domingo para pechar a súa participación xunto ao padeeiro de Cuntis Diego Romero. Xuntos buscarán a medalla na mesma modalidade que Jaime Duro, a final de C2.
Aínda quedan medallas en xogo para unha armada pontevedresa que non defrauda na súa participación internacional como representación do equipo español.