O partido do Arxil contra o Aros de León non trouxo un triunfo do pontevedresas pero si unha efemérides para o recordo. O seu actual corpo técnico, encabezado por Mayte Méndez e Milagros Sanmartín, alcanzou os 450 partidos á fronte do equipo.
Son xa, lembra o club, 17 tempadas co Arxil na Liga Feminina 2. Ambas son xa, por pleno dereito, historia viva do baloncesto nacional.
Entre os seus principais logros figuran tres play-off de ascenso, o último deles na tempada 2014-2015.
Ademais, Mayte Méndez logrou que o Arxil sexa respectado por todos os seus rivais e todo iso a pesar de traballar sempre cun dos orzamentos máis baixos da categoría.
Nesta tempada, o equipo atópase na oitava posición da Liga Feminina 2, cun balance de 9 vitorias e 10 derrotas.