Meritorio punto do Arosa contra o Silva (0-0)

O Salnés
22 de outubro 2023

A falta de gol segue sendo unha condena para o Arosa, marcando tan só catro goles nas sete xornadas que se disputaron de liga. Con todo, o empate deste domingo na Grela foi máis que merecido, contra un Silva que chegaba á cita segundo na clasificación sendo o equipo menos goleado da liga ata a data cun gol en contra

Silva - Arosa na Grela
Silva - Arosa na Grela / Arosa SC

A falta de gol segue sendo unha condena para o Arosa, marcando tan só catro goles nas sete xornadas que se disputaron de liga.

Con todo, o empate deste domingo na Grela foi máis que merecido, contra un Silva que chegaba á cita segundo na clasificación sendo o equipo menos goleado da liga ata a data cun gol en contra.

Culpa diso teno a defensa en bloque baixo do equipo, e cando os de Luisito tiñan o balón e tentaban chegar a área rival, resultáballes imposible penetrar e filtrar o balón entre os oito xogadores que defendían.

A pesar diso, o cadro arlequinado tivo dúas ocasións claras coas que puido matar o partido. A primeira delas cunha falta de Antón que detivo o gardameta local, e a segunda unha chegada de Borja a liña de fondo que remataron mal.

Mentres tanto, o Silva optou por ceder a posesión ao Arosa, pecharse en defensa e esperar a súa oportunidade en longo ao contragolpe, pero a zaga arousá estivo sempre moi atenta e evitou o gol do rival, dando por bo un novo empate que os mantén no posto 13 da clasificación.