O regreso do Arosa á Copa do Rei tres décadas despois contará coas cámaras da televisión nacional en directo.
O duelo da Lombra entre os arlequinados e o Granada, fixado para o vindeiro xoves 2 de novembro (19.00 horas) é un dos partidos de primeira rolda escollidos pola plataforma Movistar +, segundo confirmou este martes a Real Federación Española de Fútbol.
Un ingrediente de interese máis a unha eliminatoria que está a espertar un agran interese na capital arousá, polo momento coa venda de suplementos e localidades a socios da entidade.
A partir do próximo xoves día 26 de outubro as localidades poñeranse xa ao dispor do público xeral, a un prezo de 30 euros en Tribuna, 20 euros en Preferencia e 15 euros nos fondos.