Miguel Fernández, un talento do waterpolo pontevedrés que chama a atención da Federación Española

Pontevedra
20 de novembro 2025
Actualizado: 17:33

O xogador do Waterpolo Pontevedra foi citado para a Concentración Tecnificación Waterpolo Futuro Cadete que se vai a celebrar a finais de mes en Málaga

Miguel Fernández, xogador do Waterpolo Pontevedra CW Pontevedra

A Real Federación Española de Natación (RFEN) volveu poñer os seus ollos no waterpolo pontevedrés e galego.

Así se reflicte na convocatoria para a Concentración Tecnificación Waterpolo Futuro Cadete que a RFEN vai celebrar a finais de mes en Málaga.

Na lista de 19 xogadores aparece un talento forxado no Club Waterpolo Pontevedra, e que de feito xa debutou co equipo absoluto masculino da entidade.

Trátase de Miguel Fernández Rivas.

Ademais participarán na concentración nacional Diego Pardiñas (Marina Ferrol) e Simón Pérez (RCN Vigo), xunto ao adestrador Andrés Pérez (CW As Mariñas).

As xornadas de adestramento e tecnificación terán lugar do 27 ao 29 de novembro no Centro Acuático Inacua Málaga.

Esta acción, que forma parte do Plan Nacional de Tecnificación de Waterpolo, reúne deportistas de toda España fóra de Madrid e Cataluña.