Os xogadores Raquel Miguens e Javier Rey foron os dous únicos representantes do Club Bádminton Ravachol Pontevedra que participaron no Campionato Galego Sénior que tivo lugar este sábado en Viveiro. E os resultados non puideron ser mellores. Conseguiron cinco medallas, catro delas de ouro.
Miguens volveu erixirse como a gran dominadora do bádminton galego ao conseguir a vitoria nas tres modalidades disputadas e proclamarse campioa autonómica por terceira vez tanto en individual como no dobres feminino.
Pola súa banda Javier Rey levou o título individual en categoría B1 así como a medalla de prata na modalidade de dobres.
Doutra banda, en Granollers disputouse durante a fin de semana un novo máster nacional de categoría Absoluta, coa participación de Martín Barbado, que alcanzou os cuartos de final en dobres masculino xunto ao seu irmán Miguel, o que servirá para continuar escalando posicións no ranking nacional.
Na Coruña disputouse tamén unha proba do circuíto autonómico Sub 15, onde Lia Illán foi a representante pontevedresa sen ser capaz de superar a fase de grupos.