Milagros Sanmartín, presidenta do Arxil outros catro anos máis

Pontevedra
13 de decembro 2023

A súa foi a única candidatura presentada no proceso electoral aberto pola entidade deportiva, polo que se manterá na presidencia dando continuidade á súa xestión dos últimos anos

Milagros Sanmartín (segunda pola esquerda) no sorteo do Nacional Infantil de Baloncesto 2018
Milagros Sanmartín (segunda pola esquerda) no sorteo do Nacional Infantil de Baloncesto 2018 /

O proceso electoral á presidencia do Club Baloncesto Arxil vaise pechar sen sorpresas.

Milagros Sanmartín 'San' seguirá a ser a presidenta da entidade deportiva durante o próximos catro anos, ao ser a súa a única candidatura presentada ao peche do prazo establecido.

Desta forma San dará continuidade á súa xestión dos últimos anos á fronte do Arxil.

Unha vez validada a súa candidatura por parte da Xunta Electoral establecida, e ao ser a única opción proposta, Milagros Sanmartín será directamente proclamada de novo presidenta do club nunha asemblea de socios prevista para o vindeiro luns 18 de decembro.