Minata Keita non continuará no Arxil

Pontevedra
20 de xuño 2017

As altas pretensións da pívot malí, que aspira a xogar na máxima categoría nacional ou nalgunha outra liga europea, impediu o acordo co club pontevedrés, que perde así a unha das mellores xogadoras da Liga Feminina 2

Minata Keita, no partido entre Arxil e Aros León no CGTD
Minata Keita, no partido entre Arxil e Aros León no CGTD / Diego Torrado

O Club Baloncesto Arxil non logrou reter a un dos piares do equipo na última tempada, Minata Keita, que pasaba ademais dunha das xogadoras máis determinantes de toda a Liga Feminina 2.

As altas pretensións da pívote malí fixeron imposible o acordo, xa que as súas aspiracións son xogar a próxima campaña na máxima categoría nacional ou nalgunha outra liga europea.

Keita alcanzou a pasada tempada 22,1 puntos de valoración por partido, sendo a terceira máxima anotadora (18,4 puntos por partido) e a mellor reboteadora (12,5 por encontro), o que lle valeu para ser incluída no quinteto ideal da competición.

En todo caso, conscientes da dificultade que supoñía reter á xogadora africana, o Arxil leva semanas rastrexando opcións no mercado e asegura estar preto de poder anunciar á que será as súas substituta no plantel.

En canto ao resto do equipo, o club verde asegura que as conversacións con María Lago, Carla Fernández, Cristina Díaz-Pache, Ana Martín, Arantxa Mallou e Ana Roman "van por bo camiño" cara á súa renovación. No caso de María González e Ana Martín, recuperándose de lesións, serán as xogadoras as que decidan se queren seguir un ano máis.

Se todas continuan, co apoio do filial e do junior, o Arxil intentaría realizar unha fichaxe máis para completar o equipo.