A pesar da tímida presenza por momentos da choiva, a climatoloxía respectou a mañá deste domingo para que Monte Porreiro puidese gozar dunha animada xornada deportiva.
Preto de medio milleiro de atletas, entre as categorías inferiores e a proba absoluta, tomaron parte na V Carreira Pedestre de Monte Porreiro Gran Premio UNED, terceira cita do calendario do Circuíto de Carreas Populares de Pontevedra.
O máis rápido en completar o percorrido de 8 quilómetros, con dúas voltas a un esixente circuíto de 4 quilómetros con saída e chegada no Miradoiro, foi Elías Domínguez cun tempo de 26 minutos e 36 segundos.
Acompañáronlle no podio da categoría masculina Amadeo Abal (26:42) e José Antonio Ramallo (27:26), segundo e terceiro respectivamente.
Pola súa banda en categoría feminina a vencedora foi Leticia Fernández (31:11), que se impuxo con solvencia a Saleta Aboy (34:16) e Mari Ángeles Castro (35:01), atletas que completaron o cadro de honra.
Consulta aquí as clasificacións completas da V Carreira Pedestre de Monte Porreiro Gran Premio UNED.