Nicolás Argibay consegue a medalla de bronce no Open de Croacia de taekwondo

Pontevedra
10 de novembro 2015

A Selección Galega Junior conseguiu un brillante segundo posto no Open na clasificación por equipos da categoría junior. A marinense Katya Calvar quedou a un paso das medallas na categoría absoluta

Selección Galega de Taekwondo no Open de Croacia Federación Galega de Taekwondo

A Selección Galega Junior regresa a casa tras conseguir un brillante segundo posto na clasificación por equipos do Open de Croacia de Taekwondo, de categoría G-1.

Entre os resultados individuais, no taekwondo pontevedrés destaca a medalla de bronce de Nicolás Argibay (Taekanart) en -79 quilos junior, despois de protagonizar un notable torneo.

Pola súa banda en categoría absoluta a marinense Katya Calvar (Mat's) quedou a un paso das medallas en -67 quilos, ao caer nos cuartos de final.

Menos fortuna tivo o pontevedrés Borja Ríos (Hebe) en -63 quilos, ao cruzarse en segunda rolda co campión do Mundo, o belga Ashad, co que perdeu o seu combate.