O Comité Técnico de Árbitros de Pontevedra recibiu este martes unha estupenda noticia no informe anual do comité nacional, no que se publican os ascensos e descensos da tempada.
No mesmo aparece como un dos protagonistas é un membro da delegación de Pontevedra, Alejandro Muñiz, que a próxima tempada arbitrará na Segunda División.
O colexiado pontevedrés é un dos catro ascensos fixados á categoría de prata do fútbol nacional, premiando así o seu gran ano.
Ao longo do últimas cinco campañas Muñiz dirixiu un total de 68 encontros na Segunda División B, entre competición regular, play-out e play-off, unha experiencia que agora aos seus 28 anos valeralle para dar o salto á Liga de Fútbol Profesional, noticia moi celebrada por todo o comité pontevedrés.
Pero a de Alejandro Muñiz non foi a única boa nova, xa que a vilaboense Iria Rosendo será asistente na Primeira División Feminina a próxima tempada, sendo unha das sete colexiadas asistentes ascendidas á máxima categoría.