O Arosa envía ao Pontevedra 300 entradas para o derbi da Lomba

Pontevedra
12 de abril 2022

Os afeccionados granates poderán adquirir as entradas nas oficinas de Pasarón ata este mércores 12 de abril a un prezo de 15 euros. O club pontevedrés organiza ademais un desprazamento gratuíto en autocar

O plantel do Pontevedra celebra coa afección o triunfo fronte ao Real Avilés en Pasarón
O plantel do Pontevedra celebra coa afección o triunfo fronte ao Real Avilés en Pasarón / Cristina Saiz

A 'Marea Granate' prepárase para desembarcar en Vilagarcía o vindeiro domingo 17 de abril con motivo do esperado derbi fronte ao Arosa.

O club arlequinado enviou á entidade granate 300 entradas para o duelo da Lomba (domingo, 17.00 horas), que venderá aos seus seguidores nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón.

Os billetes terán un custo de 15 euros (5 euros para menores de 15 anos), e poderanse adquirir soltas ou incluídas nun desprazamento organizado en autobús que será de balde. Este autocar ten prevista a súa saída o mesmo domingo desde o Pavillón Municipal dos Deportes ás 15.30 horas para regresar unha vez terminado o duelo.

Debido á Semana Santa, a venda das entradas limítase ás xornadas de martes (11.00 a 14.00 horas e 16.00 a 19.00 horas) e de mércores (9.00 a 14.00 e 16.00 a 19.00 horas).

Todo para vivir un duelo de rivalidade comarcal que promete ambientazo e no que haberá moito en xogo para ambos os dous equipos, inmersos na pelexa polo ascenso polo lado granate e pola permanencia no bando arousán.