O Arosa non levanta cabeza e cae na casa co Barbadás (0-1)

O Salnés
01 de outubro 2023

O gol de David Nespereira no minuto 10 para seguir furgando na ferida do conxunto arlequinado, ao que a falta de acerto para portería estaos condenado xornada tras xornada

Arosa - Barbadás na Lomba
Arosa - Barbadás na Lomba / Arosa SC

O Arosa volveu picar e aínda non sabe o que é gañar esta tempada, con só dous puntos en catro partido disputados.

A última derrota foi en casa ante o Barbadás, ao que lle foi suficiente o gol de David Nespereira no minuto 10 para seguir furgando na ferida do conxunto arlequinado, ao que a falta de acerto para portería estaos condenado xornada tras xornada.

O conxunto de Luisito regresou á Lomba en busca de algo positivo ante un rival que chegaba á cita ao bordo dos postos de descenso, pero un único tanto no primeiro tempo deixounos sentenciados a pesar dos intentos dunha reacción que nunca chegou.

Complícase así a vida o Arosa, que con este resultado pasa a ocupar a posición do cadro ourensán e marcar o límite da zona vermella da clasificación.