O Arosa rompeu este domingo a súa mala serie en liga logrando o primeiro triunfo da tempada en casa do Polvorín.
Pero o conxunto arlequinado tivo que sufrir para facerse cos tres puntos, e é que o cadro lucense adiantouse moi pronto cun gol de Alejandro Lizancos. Era o minuto 2.
Con todo, o equipo demostrou que non se ía a render e que pelexando a recompensa ía chegar.
E así, cun dobrete de Borja Míguez, o primeiro no minuto 15 e o segundo de penalti antes de que se cumprise a media hora de xogo, o Arosa deu a volta ao resultado para así empezar a confiar.
Despois do paso polos vestiarios e a charla de Luisito no descanso, o cadro visitante continuou afundindo ao Polvorín, que practicamente se rendeu cando chegou o terceiro gol.
Cumpríronse tan só 5 minutos do segundo tempo e chegou a polémica. Os lucenses pediron a expulsión de Cotilla antes do gol, pero o colexiado estaba moi preto e viuno claro, dando por válido o tanto de Iñaki co que o Arosa sentenciou.