Non as tiña todas consigo, xa que non tdoso os equipos de Terceira RFEF no bombo da primeira eliminatoria da Copa do Rei ían cruzarse con clubs de Primeira División, pero o sorteo celebrado este martes na sede da Real Federación Española de Fútbol sorriu ao Arosa.
O club arlequinado terá como rival para o seu regreso 30 anos despois ao Torneo do K.O. ao Granada CF, un dos equipos da máxima categoría.
Tras o cambio de formato aprobado xa hai unhas tempadas, esta eliminatoria celebrarase a partido único na Lomba.
As datas para esta primeira rolda, a falta de confirmarse o horario definitivo, son os días 31 de outubro e 1 e 2 de novembro.