O Arosa pon en marcha a campaña de socios da segunda volta

O Salnés
28 de decembro 2021

O prezo dos abonos para os dez partidos restantes na Lomba sitúase en 50 euros para Tribuna, 40 euros para Preferencia e 30 euros para os fondos

Afeccionados do Arosa no partido de liga en Pasarón ante o Pontevedra Cristina Saiz

O Arosa presentou este martes a campaña de socios para a segunda volta da competición baixo o lema "Arosízate". Na web oficial e nas oficinas do club están xa á venda os carnés de abonados para a segunda parte do campionato no que o cadro arlequinado disputará dez encontros como local.

Os prezos son os seguintes: 50 euros en Tribuna, 40 euros en Preferencia e Fondos, 30 euros. Ademais haberá descontos para xubilados e menores de 30 anos.

"Imos facilitarlle a xente que queira acompañarnos neste ano histórico unha nova oportunidade de facerse socio para os partidos que quedan", dixo o presidente Manolo Abalo. 

"O obxectivo desta campaña é que o socio poida enganchar a un novo socio, se algún quedou atrasado e aínda non fixo a carta aos Reyes pode pedir o seu abono do Arosa", explicou o director xeral, Rodrigo Lojo. 

Como incentivo, o club sorteará camisetas do primeiro equipo entre os novos socios. Ata a data, o Arosa conta con 1.300 abonados e a asistencia media ao estadio da Lomba rolda os 1.100 afeccionados por partido.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora