O Arxil gaña en Avilés e saca billete para o play-off (44-53)

Pontevedra
17 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O Arxil logrou este sábado unha importante vitoria en Avilés que lle permite afianzarse na terceira praza da clasificación 

Partido entre Arxil e Avilés no CGTD
Partido entre Arxil e Avilés no CGTD / Cristina Saiz

O Arxil logrou este sábado unha importante vitoria en Avilés que lle permite afianzarse na terceira praza da clasificación e certificar o pase para o play-off.

Pero o equipo pontevedrés tivo serios problemas para conseguir un novo triunfo. As asturianas apertaron os dentes en defensa e ao Arxil custoulle penetrar. A pesar diso, ao finalizar o primeiro cuarto xa se fixeron cunha pequena vantaxe de cinco puntos (10-15).

No segundo as cousas melloraron para as de Mayte Méndez. Ribeiro e Nerea Liste comanzaron a ofensiva e ampliaron o colchón antes do descanso (23-33).

Tras o paso polos vestiarios o Avilés creceuse e empezou a complicar o traballo dun Arxil ao que lle estaba custando facerse cos rebotes, pero as locais tamén o pasaban mal á hora de anotar e o tenteo mantívose baixo aínda que con vantaxe para as de Lérez (35-42).

Xa no último cuarto, Nerea Liste volveu poñer o mono de traballo para liderar ao seu equipo e marcar diferenzas. As locais trataron de aguantar, pero perderon durante uns minutos ao seu mellor xogadora, Lucía Martínez, por un golpe no xeonllo.

O cadro avilesino tentouno como puido e apertou o resultado en seis puntos a falta de corenta segundos para a conclusión, pero as de Mayte Méndez xogaron mellor as súas cartas e, pese ao sufrimento, sumaron un novo triunfo por 44-53 para seguir o ronsel do Segle XXI e do Hierros Díaz Miralvalle Estremadura.

Consulta as estatísticas nesta ligazón