O Arxil xa ten pechado o seu plantel para a próxima tempada. A confirmación da fichaxe da alero grancanaria Sara Castro supón o broche de ouro para o equipo que dirixe Mayte Méndez que iniciará o seguinte curso coa máxima ilusión de clasificarse para a fase de ascenso.
Con experiencia na liga universitaria de Estados Unidos, Sara Castro, de 21 anos e 1,73 metros de altura, promedió 2,4 puntos e un rebote por partido coa camiseta da Universidade de Colorado, alí chegou despois de proclamarse campioa de España júnior co Spar Gran Canaria, equipo no que pasou as dúas últimas tempadas. Na pasada campaña foi a sexta xogadora con máis minutos do equipo.
Castro achegará polivalencia ao equipo pontevedrés pola súa capacidade para moverse en calquera das posicións exteriores do quinteto. A dirección deportiva do Arxil destaca o seu bo lanzamento exterior, o seu verticalidad e a dirección de xogo.
"A nivel colectivo penso que o principal obxectivo debe ser o de clasificarnos para disputar a fase final de ascenso e poder pelexar por subir a Primeira División", afirma con ambición unha xogadora que despois de conseguir o ascenso co seu antigo equipo foi incluída na prelista para a disputa do Eurobasket sub-20