O CB Arxil traballa xa na planificación da nova tempada. Á espera da confirmación da composición dos grupos da liga Feminina 2, dos prazos para a inscrición do equipo e da data do inicio da liga, o equipo verde está centrado na confección do plantel do primeiro equipo.
Mayte Méndez iniciou xa contacto coa maior parte das xogadoras que formaron parte do plantel verde a pasada tempada. A predisposición de todas elas para continuar é manifesta, pero as primeiras renovacións non se producirán ata dentro de, polo menos, unha semana.
O club ten como obxectivo renovar o maior número de xogadoras da tempada pasada, pero tamén están atentos ao mercado nacional para reforzar tanto o plantel do primeiro equipo como a do filial. De feito, a política de renovacións é extendible tamén ao equipo de Primeira Nacional.
O plantel que máis cambios sufrirá será a do equipo júnior, debido a que boa parte das xogadoras darán o salto a sénior o próximo curso. É o caso de Carla Vázquez, Mara Abreu, Maria Sorribas ou Claudia Santiago, que en función das súas obrigacións académicas continuarán ou non baixo a disciplina do Arxil. En calquera caso o obxectivo será competir en Liga Galega.