Sexto triunfo consecutivo para o Club Baloncesto Arxil, que superou ao Náutico Tenerife Universidade de la Laguna para manterse nos postos de playoff da Liga Feminina 2.
Non foi un comezo sinxelo, e é que aínda que as pontevedresas realizaron un bo balance ofensivo grazas ao acerto de Liste, Moreira e Ribeiro, o equipo tinerfeño mantivo o pulso para finalizar o primeiro cuarto cun resultado de 24-30.
Superou o Arxil os 13 puntos de vantaxe tras unha serie de boas accións de Forster e o baixo acerto do Tenerife, que só anotara catro puntos en seis minutos, pero aos poucos foise entoando e reduciu diferenzas para colocarse a tan só cinco puntos no intermedio (40-45).
Por medio de Nerea Liste, o equipo adestrado por Mayte Méndez volveu coller aire, fíxose forte no rebote e aos poucos foi aumentando a súa vantaxe disparando a diferenza aos 16 puntos antes de comezar o último e decisivo cuarto (50-66).
Cunha parcial inicial de 0-10 as pontevedresas deixaron practicamente sentenciado o encontro. Glomazic fixo oito deses dez puntos e Ribeiro e Liste ascenderon ata os 16 cada unha para castigar ás tinerfeñas cun resultado final de 67-85.
Consulta as estatísticas nesta ligazón