O Arxil tira pola borda no último cuarto o seu bo traballo anterior na pista de Aros León (62-55)

Pontevedra
17 de febreiro 2018

Rozou a sorpresa o Arxil na pista dun dos candidatos ao ascenso como Aros León, pero botou pola borda o bo traballo realizado nun mal último cuarto, no que só puido anotar seis puntos, permitindo a remontada do cadro local

Partido entre Aros León e Arxil en León Club Baloncesto Aros León

Rozou a sorpresa o Arxil na pista dun dos candidatos ao ascenso como Aros León, pero botou pola borda o bo traballo realizado nun mal último cuarto, no que só puido anotar seis puntos, permitindo a remontada do cadro local.

Comezaron con dúbidas as mozas de Mayte Méndez, que se viron superadas nos primeiros dez minutos (20-13), pero metéronse no partido impoñéndose nun bo segundo cuarto (11-16) para irse ao descanso só dous puntos por baixo (31-29).

O Arxil despregou o seu mellor baloncesto ao regreso de vestiarios, tanto que comezou a abrir brecha, conseguindo unha máxima vantaxe de oito puntos (39-47) mediado o terceiro cuarto. Aros León reaccionou, pero non puido evitar que as pontevedresas levasen o parcial (15-20) para encarar o últimos dez minutos con tres puntos de renda (46-49).

Ata aí chegáronlle as forzas ás xogadoras galegas, a pesar de que o tentaron ata o final. Aros León realizou unha sensacional defensa e foi escapándose cun pequena pero importante diferenza que lle permitiu remontar para gañar o último parcial (16-6) e impoñerse nun emocionante partido (62-55), aínda que con máis apuros dos previstos.

Consulta as estatísticas dos partido Aros León-Arxil nesta ligazón.