O Burela golea o Poio Pescamar e segue invicto na pelexa polo play-off (4-1)

Poio
03 de abril 2021

Á terceira tampouco foi a vencida para o Poio Pescamar, que caeu goleado polo Burela na segunda fase de liga da Primeira División de Fútbol sala nun partido no que as locais foron moi superiores e dominaron con claridade

Final da Supercopa de España entre Burela e Poio Pescamar
Final da Supercopa de España entre Burela e Poio Pescamar / RFEF

Á terceira tampouco foi a vencida para o Poio Pescamar, que caeu goleado polo Burela na segunda fase de liga da Primeira División de Fútbol sala nun partido no que as locais foron moi superiores e dominaron con claridade.

O partido comezou co Burela levando a batuta, presionando moi arriba para impedir que o Poio elaborase xogadas e cometese erros na triangulación. 

As mellores ocasións foron para as locais, que tardaron máis do previsto en adiantarse. En xogada de estratexia, cando se alcanzaba o ecuador do primeiro acto, Dany abría o marcador para o Burela.

Durou pouco a alegría ás de laranxa, que foron sorprendidas por Ana Rivera, previa recuperación no á dereita, que se plantou diante da porteira e bateuna para devolver a igualdade coa que se chegou ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, un inicio demoledor das de Lugo, con dous goles consecutivos en menos dun minuto, deixaron tocado a un Poio que non era capaz de levantar cabeza. Primeiro anotou Peque a pase de Dany, e no segundo cambiáronse os papeis para encarrilar ás súas cara a unha nova vitoria e seguir invictas esta campaña.

Manu Cossío optou polo xogo de cinco con Irene García como porteira xogadora, pero Jozi roubou o balón en e anotou o 4-1 a porta baleira. O técnico conserveiro parou o cronómetro, pero xa estaba todo perdido. Salvou Caridad ao Poio dunha goleada máis avultada pero parou o penalti lanzado por Cami e un dez metros por parte de Peque.

PEIXES RUBÉN BURELA FS (4): Sandra Buzón; Dany, Peque, Cami e Leti Cortés (quinteto inicial). Tamén xogaron, Luisa Mayara, Bea Mateos, Ale de Paz, Jane, Lara Balseiro e Jozi (segunda porteira)

POIO PESCAMAR (1): Caridad; Miriam, Daniela, Luci e Ana Rivera (cinco inicial). Tamén xogaron, Chiesa, Antía, Clara, Irene García, Julia Dupuy e Miriam.

Goles: 1-0, min. 10 Dany. 1-1, min. 13 Ana Rivera. 2-1, min. 23 Peque. 3-1, min. 24 Dany. 4-1, min. 28 Jozi.

Incidencias: Pavillón Vistalegre. Colexiados, Menéndez Nistal e Vilas López do colexio galego. Amoestaron Peque e Dany no Burela e Antía e Luci no Poio Pescamar.