O Campus Baloncesto Pontevedra, un proxecto "de futuro"

Pontevedra
01 de xullo 2016

O campus dirixido por Cuco Rodríguez celebrarase nas instalacións de Príncipe Felipe do 31 de xullo ao 7 de agosto coa presenza de dous xogadores ACB como Pierre Oriola (Baloncesto Sevilla) e Pepe Pozas (Obradoiro)

Cuco Rodríguez na presentación do terceiro Campus Baloncesto Pontevedra
Cuco Rodríguez na presentación do terceiro Campus Baloncesto Pontevedra / PontevedraViva

Exponse como "un campus de futuro. Así define Cuco Rodríguez o Campus Baloncesto Pontevedra que se desenvolverá nas instalacións de Príncipe Felipe entre o 31 de xullo e o 7 de agosto.

"La idea es ofertar un campus de calidad", explicou na presentación, por lo que el equipo técnico será "de lo mejor de Galicia".

Unha semana de adestramentos que servirán de iniciación ou perfeccionamento do baloncesto para nenos de 8 a 18 anos, puidendo gozar da experiencia ACB de xogadores como Pierre Oriola (Baloncesto Sevilla) ou Pepe Pozas (Obradoiro) e de diversas actividades de lecer.

A organización do campus aposta tamén co compromiso social, ofertando bolsas para os tres clubs colaboradores (Arxil, Novo Basket e Celta) para que nenos e nenas de familias en dificultades económicas poidan acceder a "unha experiencia inolvidable", defende Rodríguez, membro do equipo técnico do Baloncesto Sevilla da Liga ACB.

A inscrición aínda está aberta a través da web www.campusbaloncestopontevedra.com.