O Teucro fai oficial a baixa para a próxima tempada do canteirán David Rey.
O lateral esquerdo abandona a disciplina azul por razóns académicas, que lle impedirán traballar a diario ás ordes da adestradora Irene Vilaboa.
O club agradece o compromiso deste xogador formado nas categorías inferiores da entidade lerezana e que se converte na segunda baixa do club na planificación do próximo curso despois da de Samu Pereiro.
Pola contra, xa son seis os xogadores que renovaron o seu contrato e cos que poderá contar Vilaboa para a próxima campaña: Caue Herrera, Miguel Sío, Alejandro Gómez, Víctor Deco, Pedro Sánchez e Iago Rodríguez