O Cisne fai oficial a fichaxe de Guilherme Valadao

Pontevedra
09 de marzo 2021

O lateral esquerdo internacional brasileiro procede do Steaua de  Bucarest de Romanía, pero xa ten experiencia en Asobal despois de defender as cores de Guadalaxara e Granollers

Guilherme Valadao, nova fichaxe do Cisne Dicsa Modular Cisne

O Cisne confirmou de maneira oficial este martes a fichaxe do lateral brasileiro Guilherme Valadao, que se une á disciplina do cadro branco ata final de tempada.

O lateral esquerdo de 30 anos xa coñece á perfección a liga Asobal, pois ten experiencia nas filas do Guadalaxara e o Granollers.

Aínda que leva desde a pasada semana en Pontevedra, cuestións administrativas atrasaron a firma do contrato. O novo xogador, que xa foi internacional in numerosas ocasións e procede do Steaua de Bucarest de Romanía, xa está ás ordes de Jabato para preparar o esixente maratón de partidos que terá que afrontar o Cisne.