O Cisne, recibido en Santiago polo vicepresidente da Xunta Diego Calvo

Pontevedra
28 de xullo 2022

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou o compromiso do equipo pontevedrés á hora de inculcar os valores do deporte ás novas xeracións

Recepción ao Cisne por parte do vicepresidente da Xunta Diego Calvo Xunta de Galicia

O plantel do Club Balonmán Cisne foi recibido este xoves polo vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo.

O dirixente destacou a calidade do balonmán galego, que ten presenza nas máximas categorías nacionais, á que este ano regresa o equipo pontevedrés tras o seu descenso hai dúas tempadas e na que compite o Frigoríficos do Morrazo de Cangas.

O popular puxo en valor "o traballo do club para fomentar o deporte base e inculcar os valores do deporte ás xeracións máis novas".

Mentres que desde o conxunto branco colaboran nalgunhas das actividades do Plan Corresponsables da Xunta destinado a favorecer a concicliación familiar na época estival.