Despois de media vida defendendo as cores do Club Cisne en diferentes categorías, Álex Chan non podía faltar no plantel cisneísta que afrontará o debut dos pontevedreses na Liga Asobal.
O central, aos seus 27 anos, converteuse este xoves na oitava renovación dos de Jabato, que empeza a ter configurada unha parte importante do seu equipo.
Será a 12ª tempada de Chan no club, convertido en todo un veterano.
"Me gustaría agradecer a todos por el poyo este año e invito a todo el mundo a que se sume a disfrutar de esta nueva temporada en Asobal", sinalou o xogador tras confirmarse a súa continuidade.
RENOVACIÓN | Arrancamos el jueves con excelentes noticias... @AlexChan_ también renueva. El central es uno de los veteranos del equipo pontevedrés ¡Grande Chan! #SomosCisne #SomosAsobal #OrgullososdoNoso pic.twitter.com/tbMkEcwb38
— Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) June 11, 2020
Álex Chan únese deste xeito a unha listaxe de xogadores renovados que completan Alejandro Conde, Álvaro Preciado, Pablo Gayoso, Dani López, Jose Leiras, Iván Calvo e o gardameta Jorge Villamarín.