O Cisne volverá contar un curso máis con André de Moura

Pontevedra
17 de agosto 2021

Trátase da décimo cuarta renovación do conxunto branco, que confirmou tamén a fichaxe do portugués Daniel Neves

André de Moura, xogador do Cisne Club Cisne Balonmano

A construción do novo plantel do Cisne despois do seu descenso a División de Honra Prata segue en marcha. O último nome confirmado é o do central André de Moura, que seguirá ligado ao conxunto branco unha tempada máis. 

"Estou moi contento por renovar unha tempada máis co Cisne. Gustaríame agradecer ao corpo técnico e á directiva por darme esta oportunidade", declarou o prometedor xogador que xa tivo a oportunidade de debutar o curso pasado na máxima categoría do balonmán nacional.

Álvaro Preciado, Villamarín, Javier Vázquez, Mateo Arias, Iván Calvo, Alejandro Conde, Pablo González, Andrés Sánchez, *Álex Chan, Juan Novás, Carlos Pombo, Carlos Álvarez e Daniel Virulegio son xogadores que xa confirmaron a súa continuidade por unha campaña máis no Cisne, que tamén confirmou a fichaxe do portugués Daniel Neves.