Novo éxito da Sociedad Gimnástica. O seu equipo feminino logrou a vitoria na categoría promesa do Campionato de Galicia de campo a través, que se celebrou esta fin de semana en Monforte de Lemos.
A mellor de todas foi Rocío Rodríguez, que foi a segunda clasificada na devandita categoría, levándose a medalla de prata. Sara Márquez e Cristina González, completaron o equipo, sumando os nove puntos que lles deron a medalla de ouro.
Esta foi a única medalla a nivel colectivo que sumou o equipo pontevedrés, pero a nivel individual ademais de Rocío Rodríguez, outros atletas subiron ao podio.
Barca Toba foi medalla de bronce na categoría sénior feminina e Jorge Puig tamén foi bronce na júnior masculina.
Ademais, Antonio Serrat proclamouse campión da categoría masculina promesa, entrando en meta na cuarta posición da proba absoluta. A pesar diso, subiu ao podio xa que o segundo e terceiro clasificado, Hassan Lekhili e Akka Essadaoui, ambos os dous do equipo Ourenrunning, non contaban para as medallas pola súa condición de estranxeiros.