O Froiz é "unha bandeira para a nosa provincia", asegura Carmela Silva

Pontevedra
21 de novembro 2017

A presidenta provincial recibiu este martes de man do director do equipo, Evaristo Portela, e do ciclista Martín Lestido o maillot de campión da Volta Galicia, título que puxo o broche de ouro á tempada do equipo ciclista

O Froiz entrega a Carmela Silva un maillot da Volta a Galicia PontevedraViva

A provincia de Pontevedra "sempre tivo unha tradición e unha historia potentísima de grandes figuras do ciclismo", asegura a presidenta da Deputación, na que desempeñou un importante papel nos últimos 29 anos un equipo como o Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

Carmela Silva recibiu este martes de mans do director do equipo, Evaristo Portela, e do ciclista Martín Lestido, o maillot de campión da Volta Galicia como recoñecemento ao apoio da institución ao longo do ano.

Gañar a Volta no mes de setembro foi o colofón á tempada do equipo alimenticio, que xa pensa no que será o seu 30 aniversario dentro do pelotón, convertido na segunda escuadra máis veterana a nivel nacional.

"O Supermercados Froiz é unha bandeira para a nosa provincia. Representa a imaxe de deporte que a provincia quere dar", asegurou a presidenta provincial.

Evaristo Portela sinalou pola súa banda que a Volta a Galicia "era o gran obxectivo da tempada e todo o equipo traballou moitísimo para lograla", e recoñeceu que preparan unha sorpresa para involucrar a toda a cidade concidiendo cos seus 30 anos de vida.

Ao acto acudiu tamén o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, ademais da deputada de Deportes, Chelo Besada.