O Grupo Deportivo Supermercados Froiz confirmou as que serán as súas últimas incorporacións para a tempada 2020.
Fíxoo de novo por partida dobre, ao anunciar as fichaxes do portugués Patrick Videira e do asturiano Bernardo Entrialgo.
O primeiro deles, Videira, trátase dun escalador que acumula nos últimos anos resultados destacados como a vitoria na etapa reina da última Volta Galicia. Procedfe do Fortunna Maia luso e chega ao equipo pontevedrés co obxectivo de "estar presente nos grupos cabeiceros e en situacións decisivas", recoñece o Froiz.
Doutra banda Bernardo Entrialgo é un corredor sub-23, de 21 anos, que procede do Gomur. É "bo rodador, bo gregario e presente tamén na montaña", explican.
Con estas fichaxes, que se unen ás xa anunciadas de Marcos Jurado, Cristian Mota, Nicolás Antorena e Ramón Fernández Cuesta, o equipo ciclista dirixido por Evaristo Portela dá por pechado o seu plantel con 18 ciclistas en nómina.