O Froiz recobra a moral tras o seu bo papel na Vuelta a Cantabria

Pontevedra
12 de setembro 2016

Sergio Míguez adxudicouse un triunfo de etapa e finalizou na terceira posición da xeral nunha proba que serviu de ensaio para a inminente Volta a Galicia, o gran obxectivo de final de ano para o equipo pontevedrés

Ciclistas do Froiz durante un adestramento GD Supermercados Froiz

A  xeira negativa do Grupo Deportivo Supermercados Froiz parece quedar atrás xusto cando están a piques de afrontar o principal obxectivo da parte final de ano, a Volta a Galicia que arrinca o mércores 14 de setembro en Noia.

O equipo alimenticio regresa coas pilas cargadas da súa participación na Vuelta a Cantabria, na que foi un dos grandes animadores.

O seu corredor Sergio Míguez levou a segunda etapa da carreira pero non puido manter a camisola de líder na cronoescalada do último día. Finalizou no terceiro posto da xeral e levou o premio ao ciclista máis combativo da carreira.

Míguez fixo un boa crono, sendo duodécimo a 6 segundos do vencedor (Chava Angulo, do Liébana Gomur), pero viu como dous rivais superábanlle na xeral. Ademais Joao Araújo quedou a dous segundos do vencedor da contrarreloxo.

Sen descanso o Froiz iniciou este luns unha breve concentración para preparar a rolda po etapas galega, na que ten depositadas moitas esperanzas.