Oito nadadores do Club Natación Galaico participarán no LVIII Campionato de España Absoluto de Inverno que se celebrará entre os días 12 e 14 de decembro na localidade catalá de Sabadell.
A expedición do club pontevedrés, que partirá o xoves cara a Cataluña, está encabezada por Beatriz Gómez Cortés, que nadará as probas de 1.500 libres, 200 libres, 400 estilos, 400 libres, 100 braza e 800 libres; e por Paula Goyanes García, que fará o propio nas probas de 200 libres, 200 bolboreta, 400 estilos, 200 costas e 200 estilos.
O Galaico desprazará a Sabadell tamén a Iria García Pardavila, que nadará 400 libres e 800 libres; Nuria Erselle Martínez, que nadará 50 costas, 200 libres e 400 estilos; Lara Gómez Cortés, que nadará 1500 libres; e Alicia Conde Pazo, que nadará 400 libres.
Ademais, nas probas masculinas competirán Cristian Fernández Nieto, que nadará 800 libres; e Daniel Sánchez Louzán, que nadará 1.500 libres.
En total, neste Campionato de España Absoluto de Inverno participarán 131 clubs de toda España, que achegarán 638 nadadores, dos cales 343 serán homes e 295 mulleres.