O principal club de natación de Pontevedra busca ampliar a súa base. O CN Galaico organizará entre o 2 e o 27 de setembro na piscina das Complexo Rías do Sur unhas xornadas de portas abertas en horario de tarde na que convidan a probar este deporte a nenos e nenas a partir de catro anos.
Co inicio da tempada, o equipo pontevedrés desexa incorporar novos deportistas aos equipos das diferentes categorías por iso idearon unha iniciativa na que os máis pequenos poderán coñecer a nacatación e como se desenvolve a actividade do club. Para participar, os interesados soamente deben enviar un correo electrónico a galaico@cngalaico.com para solicitar a inscrición.
A actividade desenvolverase os luns, mércores e venres de 18.00 a 19.00 horas e os martes e xoves de 17.00 a 18.00 horas.