O Marín Futsal volve perder na Raña, esta vez contra o Torreblanca (2-4)

Marín
12 de febreiro 2022

O Marín Futsal volveuse a topar coa derrota, esta vez na casa ante un Torreblanca que se impuxo con claridade

Partido entre Marín Futsal e Torreblanca na Raña Cristina Saiz

O Marín Futsal volveuse a topar coa derrota, esta vez na casa ante un Torreblanca que se impuxo con claridade.

Púxose de fronte o partido para o conxunto local moi pronto, e é que no minuto 3 as marinenses adiantáronse cun gol de Ceci tras unha rápida acción ofensiva. A xogadora local superou á gardameta cun golazo pola escuadra que supuxo o primeiro gol do duelo.

Lonxe de vir abaixo, o Torreblanca activouse en tarefas ofensivas, anotando as táboas aos 8 minutos. Thais goleou a pase de Amandinha á saída dunha falta a tres cuartos de cancha.

Ceci facía dano para as locais e Bía facía o propio para o Melilla, conviertiéndose esta última na protagonista dun novo golpe do conxunto visitante. A falta de dous minutos para chegar ao descanso, a xogadora melillense recibiu na frontal da área e enchufó o balón raso na portería defendida por Silvia, que nada puido facer. 

Despois do paso polos vestiarios as visitantes seguiron dominando a pesar de ser o Marín o que rozou o empate en dúas ocasións con senllos remates ao pau de Ceci. O primeiro nunha xogada persoal maxistral e a segunda nunha dobre ocasión da marinense.

Pero púxoselle costa arriba o duelo as de Raúl Jiménez á media hora de xogo. Ana Luiza anotaba ao segundo pau o terceiro gol para as de Melilla despois dun roubo de balón e asistencia de Nona tras unha saída de balón das locais.

Optou polo xogo de cinco o técnico local e Ceci reduciu distancias cun disparo afastado que as metía de cheo no partido. Con todo, a presión alta do Torreblanca provocou outro erro á saída de balón marinense que Bía aproveitou para ampliar a renda do seu equipo.

Aínda que o Marín Futsal tentouno nos últimos minutos, o Melilla defendeu ben para aguantar o tirón rival e seguir sumando.

MARÍN FS (2): Silvia Aguete; Pau, Ceci, Café e María León (quinteto inicial). Tamén xogaron, Adriana, Gaby, Dani Fleitas, Mare Inés Mayán.

TORREBLANCA (4): Kyslova; Lydia, Ana Luiza, Shulha e Nona (quinteto inicial). Tamén xogaron, Guti, Amandinha, Bía, Jhennif, Thais, Juliana e Sara Soares (segunda porteira).

Goles: 1-0, min. 3 Ceci. 1-1, min. 8 Thais. 1-2, min. 18 Bía. 1-3, min. 30 Ana Luiza. 2-3, min. 36 Ceci. 2-4, min. 36 Bía.

Incidencias: A Raña. Colexiados, Menéndez Nistal e Vilas López. Amoestaron a Ceci, Inés Mayán, no Marín e Juliana no Torreblanca Melilla.