O Medio Maratón de Pontevedra supera os 800 rexistrados

Pontevedra
27 de setembro 2023

A popular proba deportiva, que este ano chega á súa 28 edición, celebrarase o domingo 15 de outubro a partir das 10.30 horas

XXVII edición do Medio Maratón de Pontevedra
XXVII edición do Medio Maratón de Pontevedra / Cristina Saiz

Comeza a conta atrás para vivir unha nova edición, a 28 xa, do Medio Maratón de Pontevedra.

A popular proba deportiva, organizada pola Sociedad Gimnástica en colaboración co Concello, terá lugar o vindeiro domingo 15 de outubro a partir das 10.30 horas, e o certo é que xa ten asegurado un éxito de participación.

Pese á vez que falta para que chegue o día, son xa máis de 800 os rexistrados, con máis de 200 atletas anotados á carreira curta de 10 quilómetros e máis 550 ao medio maratón en si (21,1 quilómetros). A eles hai que sumarlle os nenos e nenas que participarán nunha carreira organizada para eles.

O prezo de inscrición manterase en 20 euros ata o próximo 30 de setembro na distancia longa e 8 euros a curta, pasando entón aos 30 e 15 euros respectivamente. Para os nenos a cota é de 1 euro co que participarán nun sorteo de material deportivo da Tenda Miler Vintage Running Club.

As inscricións poden formalizarse na páxina web oficial da proba.