O Peixe Galego segue sen coñecer a vitoria esta tempada despois de caer na quinta xornada da liga LEB Oro de baloncesto ante o Huesca. A pesar de que os de Marín estiveron por encima no marcador ata chegar o descanso, nada puideron facer fronte o seu rival.
Durante o primeiro cuarto, os de Javi Llorente foron claros dominadores logrando impoñerse cunha diferenza de ata 12 puntos grazas ao acerto de Badmus e Doorson, pero os locais foron capaces de darlle a volta e lograr finalizar cun resultado de 24-26.
No segundo parcial foi un continuo sobe e baixa para os visitantes. A pesar de que o Huesca logrou empatar o partido, o Peixe volveu dominar por ata 8 puntos, ata que a falta de 4 minutos para chegar ao descanso, os locais pisaron o acelerador e puideron poñerse por diante, ofensiva que souberon evitar cun triplo de Badmus. Finalmente, ao descanso chegouse con táboas a 45 puntos.
Despois do descanso, o pesadelo da fin de semana pasada volveu interpoñerse ante o Peixe. Aínda que foron capaces de competir durante os primeiros 5 minutos grazas a Badmus, Doorson e Hernández, o Huesca conseguiu establecer un parcial de 18-5 que practicamente decantaba o encontro. Este resultado supuxo que, a partir dese momento, os de Javi Llorente baixasen os brazos e deixasen escapar a vitoria.
No último cuarto o equipo local distanciouse no marcador para acabar cun resultado global de 93-71. Esta é a quinta derrota do Peixe Galego esta tempada e continúa na parte máis baixa da táboa.
Consulta as estatísticas do Marín Peixe Galego-Levitec Huesca.