Sete partidos tiveron que disputarse para que o Peixe Galego coñecese a vitoria esta tempada. Para iso enfrontouse ao ZTE Real Canoe no pavillón da Raña, conseguindo así o triunfo ante a súa afección por 72-58.
O primeiro cuarto comezou dominado polos locais, que estiveron por encima no marcador por ata 8 puntos, que se viron recortados polo seu rival cando se cumprían os 7 minutos de partido. Co 11-11 no marcador, o Real Canoe deu a volta ao resultado para chegar ao descanso cunha diferenza de dous puntos (13-15).
No segundo parcial estivo igualado para ambos os equipos onde ningún conseguiu distanciarse con claridade. Foi así como, grazas á efectividade ofensiva de Badmus (25 puntos), o Peixe logrou recortar o marcador e conseguir un empate a 31 co que se chegou ao descanso.
Despois do intermedio, os de Marín foron claros dominadores conseguindo as maiores diferenzas no marcador pero que non superaban os 6 puntos, polo que o conxunto visitante non tivo maiores complicacións en darlle a volta ao resultado cando quedaba 1 minuto para que finalizase o terceiro cuarto (46-48).
O partido estaba igualado e as diferenzas eran mínimas, pero o Peixe quería regalarlle á súa afección o primeiro triunfo da tempada. Foi no último cuarto cando os de Javi Llorente empezaron a recuperar puntos logrando un maxistral final de partido que terminou cun resultado final de 72-58.
Consulta as estatísticas do Marín Peixe Galego-ZTE Real Canoe.