O Poio Pescamar avanza á segunda rolda da Copa da Raíña tras vencer a O Fisgón (1-5)

Marín
06 de decembro 2019

O conxunto vermello fixo valer os prognósticos e impúxose no duelo comarcal disputado este venres no pavillón marinense da Raña

Partido de Copa da Raíña entre O Fisgón e Poio Pescamar Diego Torrado

O pavillón marinense da Raña vestiu este venres os seus mellores galas para a Copa da Raíña de fútbol sala.

O Fisgón e Poio Pescamar enfrontábanse no duelo comarcal, cun bo ambiente nas bancadas e claro favoritismo para as vermellas, equipo da máxima categoría ante un cadro marinense que desbordaba ilusión.

Os prognósticos cumpríronse nun encontro que con todo foi moi traballado polas xogadoras adestradas por Raúl Jiménez, ante a férrea oposición das marinenses especialmente no inicio do choque.

Así, pese ao dominio sobre a pista, non se traduciu ao marcador ata o ecuador da primeira metade, cando Clara poñía en vantaxe ao Poio.

O Fisgón contou con algunhas ocasións, pero quen encarrilou o choque pouco antes do descanso foi o bloque visitante con outros dous tantos. 

Xa na segunda metade o Poio Pescamar chegou a poñer o 0-4 antes de que Café recortase distancias premiando o esforzo das locais. Iria Saeta redondeou o 1-5 final que mete ás da Seca na segunda rolda do Torneo do K.O.