O Poio Pescamar, preparado para o seu esixente debut ligueiro

Poio
14 de setembro 2017

As vermellas inician este sábado (18:30 horas) na Seca unha nova tempada recibindo na primeira xornada ao actual campión de liga e a supercopa, o Futsi Atlético Navalcarnero. "Nos va a dar la oprotunidad de saber el nivel que podemos dar", recoñece ambicioso Marcio Santos

Adestramento do Poio Pescamar 2017-2018 Cristina Saiz

Complicada estrea ligueira para o Poio Pescamar, que este sábado inicia unha nova tempada na elite recibindo na Seca (sábado, 18:30 horas) ao actual campión da competición e tamén da supercopa de España, o Futsi Atlético Navalcarnero.

"Es bueno porque nos va a dar la oportunidad de saber el nivel que podemos dar", recoñece ambicioso o técnico vermello, Marcio Santos, despois dunha pretemporada que cualifica de "positiva".

Será un encontro "muy difícil" pero que encaran sen presión, coa ilusión de comezar con bo pé unha campaña na que o obxectivo é "al menos igualar lo del año pasado, pero somos realistas y cada año la liga va creciendo de nivel", explica o preparador.

En todo caso estar entre os oito primeiros clasificados e poder xogar por segundo ano a Copa de España aparece no horizonte como unha meta alcanzable.

Yoli, cunha pequena escordadura, é a única dúbida no Poio Pescamar, que conta co resto do persoal dispoñible para a cita.