O Pontevedra cumpre coa súa tradición de inicio de tempada

Pontevedra
20 de agosto 2018

Plantel, corpo técnico e Consello de Administración realizaron este luns a tradicional ofrenda á Virxe Peregrina que marca o inicio da tempada oficial 

Ofrenda do Pontevedra CF. á Virxe da Peregrina
Ofrenda do Pontevedra CF. á Virxe da Peregrina / Paula Sanmartin

A tempada empeza para o Pontevedra. O club granate cumpriu este luns coa tradición ao realizar unha ofrenda floral á Virxe Peregrina a só uns días do seu debut en liga.

No deportivo era xornada de descanso, antes de volver o martes aos adestramentos para preparar a primeira xornada de competición oficial, pero en realidade o día tivo diversos compromisos.

Plantel, corpo técnico e Consello de Administración acudiron ao santuario para acompañar na ofrenda á patroa provincial e despois encamiñáronse cara a unha comida de confraternización con todos os estamentos do club.

A xornada estivo marcada ademais polo recordo de Don Luís Alcántara, párroco do Pontevedra e Santiaguiño do Burgo recentemente falecido

O seu lugar oficiando a misa ocupouno o actual párroco de Bueu, José López 'Josecho', amante do fútbol como demostra o seu labor como presidente do Noalla.