O Pontevedra de Pouso "quiere transiciones rápidas", asegura Álex González

Pontevedra
06 de novembro 2019

O futbolista cántabro cre que están en "una semana de adaptación" aos métodos do novo técnico, ao que cualifica de "cercano" tras as primeiras dúas sesións á fronte do equipo

Álex González durante o primeiro adestramento do Pontevedra con Carlos Pouso Cristina Saiz

Levan só dúas sesións ás súas ordes, pero os xogadores do Pontevedra empezan a saber o que espera deles o seu novo adestrador, Carlos Pouso.

"Quiere transiciones rápidas y estamos trabajando un poco en función de eso", recoñeceu este mércores Álex González á conclusión do adestramento celebrado no campo de fútbol de Cerponzóns.

O futbolista cántabro cualifica ao técnico de "cercano", aínda que defende que "es una semana un poco de adaptación. Estamos estamos adaptándonos a la metodología que tiene, que varía un poco".

González cre que "la gente está trabajando muy bien, con mucha intensidad y creo que estamos en el camino", pero tampouco dunha maneira tan diferente á de antes, con Luismi, porque "al final la exigencia es la misma, va con los jugadores".

A nivel particular, a pesar de iniciar a tempada como extremo e terse asentado nas últimas semanas no posto de lateral zurdo polas circunstancias, Álex asegura que "tanto antes como ahora estoy a disposición del míster, si decide que tenga que jugar en un lado estaré en ese lado y si es en otro pues en otro".

En canto ao próximo rival, Las Rozas, ao que visitarán na matinal do domingo, un dos homes veteranos do plantel pon como clave para conseguir algo positivo non encaixar "porque dar la vuelta en un campo así es complicado", sobre todo tendo en conta que o cadro madrileño só recibiu 7 goles en contra no que vai de liga.