O Pontevedra ofrece a renovación a Company e Jandrín

Pontevedra
19 de maio 2016

O club granate comunicou ademais que Hugo Rodríguez e Antonio Bello non continuarán no equipo. Luisito e Roberto Feáns, adestrador e responsable deportivo, se reunireon este xoves con ambos os futbolistas para comunicarlles que non contan con eles para a próxima tempada

Jandrín durante un adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe
Jandrín durante un adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe / Mónica Patxot

Primeiros movementos no Pontevedra Club de Fútbol para a composición do equipo da próxima tempada.

O responsable deportivo, Roberto Feáns, e o adestrador do equipo, Luisito, mantiveron este xoves os primeiros contactos cos futbolistas do primeiro plantel.

Hugo Rodríguez e Bello non seguirán a próxima tempada

O resultado das primeiras conversasé o que o club ofreceu a renovación a Jandrín e a Vicente Company. O primeiro deles chegou o pasado verán procedente do Avilés, sendo durante grande parte da liga uno dos homes habituais nas aliñacións, mentres o gardameta, que se incorporou no mercado invernal, convenceu ao corpo técnico nos adestramentos e nos minutos que actuou no tramo final da comeptición.

Tras coñecer os plans do club ambos os futbolistas comprometéronse a dar unha resposta nos próximos días.

Pola contra, no capítulo de baixas o Pontevedra comunicou a dous xogadores que non conta con eles na planificación do novo plantel. Trátase de Hugo Rodríguez e Antonio Bello, ambos os reforzos invernais e que contaron con protagonismo na segunda volta de competición.