O Pontevedra viaxa con 16 xogadores para enfrontarse o Las Palmas Atlético

Pontevedra
07 de decembro 2019
Actualizado: 19:44

O Pontevedra desprázase esta fin de semana ás Illas Canarias para enfrontarse o domingo (13:00 horas, TVG2) ás Palmas Atlético. O técnico pontevedrés, Carlos Pouso, afronta o duelo coas baixas de Pol Bueso, Santi Figueroa, Mejía, Naveira, Brian e Javi López, pero recupera a Sana que volve tras a sanción

Carlos Pouso, no partido de liga entre Pontevedra e Marino de Luanco en Pasarón Diego Torrado

O Pontevedra desprázase esta fin de semana ás Illas Canarias para enfrontarse o domingo (13:00 horas, TVG2) ás Palmas Atlético.

O técnico pontevedrés, Carlos Pouso, afronta o duelo coas baixas de Pol Bueso, Santi Figueroa, Mejía, Naveira, Brian e Javi López, pero recupera a Sana que volve tras a sanción. Con todo, tomou a decisión de viaxar con 16 xogadores en lugar de 18.

Pouso non busca escusas, pero ve moi importante o factor campo neste tipo de partidos ao ser "de hierba sintética con probabilidad de viento. Va estar igual para los dos, pero ellos están más acostumbrados".

Despois de varias xornadas viaxando a campos deste tipo, o técnico asegura que se trata "de una categoría para especialistas, es importante ser camaleónico"

En canto ao seu rival, trátase de xogadores novos "con mucha ilusión que llaman a las puertas del primer equipo". É por iso, que advirte que "la cantera cantaria cuenta con muy buenos futbolistas y con una calidad técnica impresionante". 

Décimos na clasificación con 21 puntos e dous postos por baixo dos granates, As Palmas Atlético vén de gañar o último partido, e acumula, en total, seis partidos gañados, seis perdidos, e tres empates no que vai de tempada.

En canto ao Pontevedra, oitavo na clasificación con 22, tentará traer os tres puntos tan necesarios de Canarias, despois de empatar en Pasarón contra o Langreo e de perder contra o Pena Deportiva. É por iso, que o técnico pontevedrés xa está a pensar nos próximos partidos, "la clasificación me va a preocupar en la última jornada, hasta entonces, cuantos más puntos, más cerca estaremos del objetivo final", conclúe.