A primeira edición do Medio Maratón do Salnés, ou 'Maralba Running Fest014', presentouse oficialmente este martes no medio da Ría de Arousa.
Unha embarcación acolleu a deportistas e autoridades para dar a benvida a unha proba que se mira no espello da exitosa Vig-Bay entre Vigo e Baiona para converterse nunha referencia do deporte popular na provincia.
A carreira disputarase o próximo 28 de setembro, domingo, con saída no peirao do Grove ás 10:00 horas e chegada na praza de Fefiñáns de Cambados tras percorrer os 21.097 metros do circuíto que se habilitará entre ambas as dúas localidades.
As incripciones para a proba, de carácter popular, pódense realizar na páxina web www.championchipnorte.com antes do 24 de setembro cun prezo de 15 euros, 12 se o rexistro se fai con anterioridade ao 28 de agosto.