Ante o anuncio da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, do retraso na sustitucion da cuberta do Pavillon Municipal de Deportes os socialistas propoñen que a partida de 500.000 euros que figura no orzamento municipal destinada a tal fin se destinen a atender cuestions e compromisos adquiridos polo concello cos clubes de Pontevedra, entre os que destacan a construccion dun novo campo de herba sintetica en Cerponzóns.
Ademais, inclúen a mellora das infraestructuras existentes ou a colaboracion na realizacion de eventos polos propios clubes locais.
A adopcion de acordos sobre aprobacion dos orzamentos e as súas modificacions corresponde al Pleno da Corporación, de modo que o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE insta á Corporación local a que mediante modificación ou transferencia de créditos se proceda a destinar a cantidade inicialmente prevista para arranxo da cuberta do pavillón a outras cuestións.