O Ribadumia colle aire cunha goleada en Ribadeo (1-4)

O Salnés
14 de febreiro 2016

O triunfo permite ao Ribadumia manter dous puntos de vantaxe sobre os postos de descenso

Partido entre Ribadumia e As Pontes na Senra Diego Torrado

Vital triunfo do Ribadumia na súa loita por eludir o descenso a Preferente, ao impoñerse no campo do pechacancelas, Ribadeo, por un contundente 1-4.

O cadro aurinegro mostrouse superior ao seu rival e encarrilou o choque xa na primeira metade con dous goles de Changui, o segundo desde o punto de penalti.

O Ribadumia apagou calquera intento de reacción lucense co 0-3 nada máis comezar o segundo acto, por medio de Fran Matos.

Aínda que o Ribadeo recortou distancias desde os once metros, no minuto 56, tres minutos despois Changui completaba o hat trick de novo desde o punto de penalti sentenciando o choque.

O triunfo deixa ao Ribadumia na décimo quinta praza con 28 puntos, con dous de vantaxe sobre a zona de descenso directo.

Consulta aquí o acta do partido.