O Ribadumia deixa escapar a vitoria fronte a un Cerceda que remonta no último minuto (2-3)

O Salnés
25 de outubro 2015

Partido trepidante e cheo de alternativas na Senra. O Cerceda empolícase ao liderado de Terceira División tras conseguir unha vitoria no tempo engadido, ao remontar con dous goles un marcador adverso cando o Ribadumia case festexaba a consecución dos tres puntos

Partido entre Ribadumia e Boiro na A Senra Diego Torrado

Partido trepidante e cheo de alternativas na Senra. O Cerceda empolícase ao liderado de Terceira División tras conseguir unha vitoria no tempo engadido, ao remontar con dous goles un marcador adverso cando o Ribadumia case festexaba a consecución dos tres puntos.

Aos de Sierra faltoulles oficio e experiencia para aguantar un resultado que mereceron e foron vítimas da calidade do mellor xogador coruñés, Álex Ares, autor das xogadas que deron orixe aos dous últimos goles visitantes.

Tras unha primeira parte disputada pero sen goles, chegou a tolemia na última media hora de partido, na que se marcaron os cinco goles. O Cerceda adiantábase no marcador preto da hora de xogo, cun gol de Esteban Capelo.

Como entre veteranos andaba o xogo, Changui encargábase de responder seis minutos máis tarde empatando o partido e Agús daba a volta ao marcador (minuto 71).

Pero o Ribadumia confiouse crendo que a vitoria estaba asegurada e pecou de inxenuo ao non durmir o xogo, permitindo a reacción do Cerceda que remontaría en pouco máis dun minuto, xa no desconto, empatando por medio de Bilal, para que pouco despois fose Pablo Agulló quen lograse o 2-3 definitivo, ante a decepción da parroquia da Senra.

Consulta aquí o acta do partido.